top of page

Fusilados do Franquismo

Blog

Somos estudantes do IES Pedro Floriani que estamos facendo un proxecto no que  o noso propósito é conseguir concienciar á poboación das consecuencias que tivo, ten e terá o franquismo e a Guerra Civil.

Esta plataforma é un espazo para a reflexión e o coñecemento sobre a Guerra Civil Española e a ditadura franquista. Buscamos iluminar as consecuencias destes periodos, fomentando a conciencia e o recordo colectivo. 

En "Fusilados do franquismo", dedicámonos a recopilar e difundir información precisa sobre un dos períodos máis escuros da historia de España. O noso obxectivo é garantir que a memoria das vítimas non se esqueza e que as novas xeracións comprendan o impacto da guerra e da represión.

image.png

Comprender o pasado é esencial para evitar repetir os seus erros. Este sitio web é un esforzo para manter viva a chama da memoria, honrar os caídos e ofrecer á sociedade unha fonte de coñecemento que contribúa á paz e á xustiza.

O noso libro

Instagram

@fosas_redondela
image.png

Este é o noso perfil de Instagran onde subimos todo o proceso realizado estes meses.

bottom of page